Apoia a nosa campaña “excítame o galego”

 

Excítame… ,que che excite a miña lingua :-P , …que me digan “canto che quero nen@” ;-) , …que nos pubs poñan “Daddy Cool” de Boney M, …que non me traduzan a “drogha no Cola-Cao”, …os debuxos animados que falan galego, …que o xamón poña que é galego 100%, …escoitar a Hattori o ninja ou a Walter White na tele falando en galego. E A TI, QUE CHE EXCITA? 
“Excítame o galego” é unha iniciativa de ENCHUFADOS.

Share

Etiquetas ,

Enchufados abril: puntos de venda

O número de abril xa está nos kioskos, librarías e papelarías do sur de Galicia e seguimos aumentando os puntos de venda. Consúltaos todos AQUÍ.

Se queres atopar Enchufados na túa localidade facilítanos o contacto co teu establecemento habitual. Se es un punto de venda e queres ter a revista contacta. Calquera cuestión relacionada coa distribución escribide a info@enchufados.eu.

Share

¡Novo Enchufados, abril!

 

Custou sacalo pero xa está aquí o novo Enchufados de abril, agora mensual, sen intermediarios samesugas e con máis páxinas, 32.

Comentamos o pacto entre o BNG e EH Bildu. ¿Estase a falar moi pouco disto, non?. ¿Está o bloque detrás da banda ETA?, investigámolo e contámosche as nosas conclusións. Ademais, en canto á rigorosa actualidade, analizamos a figura do Papa “Paquito” polo seu primeiro aniversario como Sumo Pontífice, en dez puntos (así ao sumo). Clixés e máis clixés sobre o 22-M e as manifestacións. Despedimos a Suárez (héroe da Democracia) con dúas paxinacas. Todo sobre a Pokémon, concertinas…

Lanzamos a nosa propia campaña polo galego, “Excítame o galego” pois máis que gustarnos excítanos…

 

Achegámonos ao Garaxe Hermético para falar con Kiko Da Silva. Pablo Cacheda impartiunos unhas “Clases do social” (webserie). E encontros na terceira fase no bar París con Cañita Brava e Iago García (padriños de excepción, non podemos pedir máis).

CAÑITA IAGO 5

Dúas páxinas de deportes, reseñas, pasatempos, algo de humor e máis.

 

¡Xa nos mellores quioscos de Galicia!. Consulta os nosos PUNTOS DE VENDA

Share

Etiquetas , , , ,

Novo Enchufados en abril

¡Boas novas, amigas e amigos enchufados! en abril estaremos de volta á venda nos mellores quioscos de Galicia. ¡Xa non queda nada!

Share

Etiquetas ,

GAÑADORA PACK EDICIÓN ESPECIAL “DIET OF SEX”

A gañadora do pack edición espefial do filme ”Diet of sex” de Borja Brun é:

Verónica Iglesias

¡Parabéns á gañadora!
Para decatarte do próximo enchúfate ao noso Facebook ou ao Twitter. Non o deixes para mañá.

Share

Etiquetas , ,